Anxo Pintos (Berrogüetto)


   Anxo Pintos, sobre E-distrito...


    "Recomendo E-distrito pola calidade dos seus contidos, pola tratamento da información, e polo beneficio que produce a cada zona da que fai un tratamento. Unha idea innovadora e un exemplo de compromiso coa nosa cultura en xeral e lingua en particular".


      [Anxo Pintos está presente na galería de fotos da guía da Coruña de www.e-distrito.com]

   http://www.e-distrito.com/

Modelos Urbanos. Sostibilidade.

 

    Modelos Urbanos. Desenvolvemento e sostibilidade.


   E-distrito non só é un espazo para o coñecemento do comercio, a información turística, ou a consulta da axenda cultural.

   E-distrito fomenta as prácticas sustantables, o urbanismo responsable, a eficiencia nos eidos enerxético e de mobilidade, e todas aquelas prácticas que signifiquen unha integración máis harmónica do ser humano no medio ambiente, e polo tanto na súa propia natureza. É así como ofrecemos información confluínte a estes valores tanto das nosas cidades -como plataforma web www.e-distrito.com-, como dos modelos internacionais que mellor representan tales referencias; paradigmas de xestión eficiente, fomento do trasporte público, comercio  responsable, urbanismo sostido, reducción de emisións nocivas e mellora xeral da calidade de vida...

   Un paseo por Europa (London, München, Geneve, Amsterdam, Kobenhavn (Copenhague), Freiburg...):
   Modelos Urbanos.  [ Cada foto é acompañada por un texto explicativo]

   E-distrito en Facebook: Canle FB E-distrito


http://www.e-distrito.com/

Yolanda Castaño



Yolanda Castaño: "Os vosos principios, valores e intencións non poden casar máis cos meus"


   Yolanda Castaño a E-distrito:

   "A seguir, quixera felicitarvos pola magnífica iniciativa que -estou segura de que con non pouco esforzo- levades adiante. A idea e o concepto paréceme formidable.
   Oxalá que o voso proxecto siga medrando imparable e cada vez mellor. Deséxovos dende xa, de corazón, todo o ánimo, sorte e os mellores resultados.

   Parabéns polo emprego prioritario do galego e por esa decidida e valiosa aposta pola cultura que son dous puntos que vos engrandecen. Sodes de sacar o sombreiro. Os vosos principios, valores e intencións non poden casar máis cos meus, ao mesmo que a aposta polo pequeno comercio, polos produtores locais, e a materia prima galega.
".


   [Yolanda Castaño está presente na galería de fotos da guía da Coruña de www.e-distrito.com]

 http://www.e-distrito.com/


Contacto



   Contacto


   Asociacións de comerciantes e empresarios, colexios profesionais, colectivos, entidades municipais, e establecementos comerciais independentes poden solicitar os servicios de E-distrito enchendo o seguinte formulario:

http://www.e-distrito.com/contacto



   Persoal de E-distrito responderá no menor tempo posible a todas as dúbidas e peticións comerciais ou de información.

   E-distrito traballa arreo para dotar aos seus clientes dos parámetros máis esixentes no tocante a dotación de información detallada, publicidade, vendas, asesoramento e xestión. Algúns dos servicios que desenvolve son:

- Creación de Areas de Centros Comerciais Urbanos para Asociacións.
- Fichas detalladas de comercio con fotografías e vídeo.
- Roteiros e información turística. Contratación de guía exclusiva de viaxe en alemán.
- Axenda de Eventos.
- Tenda Online propia.
- Servizo "Atopa 72" de búsqueda gratuita de productos.
- Relación de Zonas Wifi.
- Relación de tendas Online disponibles do comercio de proximidade.
- Buscador de Comercio.
  ...

http://www.e-distrito.com/