Comercio da Coruña. Funcionamento



  E-distrito é a plataforma de comercio máis grande da Coruña en número de comercios afiliados. Ningunha outra plataforma ten máis de 100 comercios afiliados por cada zona da cidade tratada. Por iso somos os máis representativos da cidade e por iso lle damos as grazas aos xa máis de 390 comerciantes que decidiron contratar os nosos servizos.
  Todos os establecementos comerciais que figuran en E-distrito pagaron pola súa presencia (ben directamente ou ben a través dunha asociación de comerciantes) e participaron na confección da súa ficha. A diferencia da gran maioría de plataformas ou webs de comercio, non facemos directorios ou listados de establecementos comerciais que non están adheridos a nós. Entendemos que outros necesiten publicar listas de comercios con establecementos que realmente non pagaron polo servizo (evitando así a constatación dun número de adheridos moi baixo), pero a nosa política é a contraria. Deste xeito, somos garantimos documentalmente que todos os comercios pagaron o servizo, e que polo tanto un comerciante non pagará a súa adhesión mentres outros non o fixeron. Á hora de ver cada ficha comercial o usuario sabe que dita ficha foi publicada coa supervision do comerciante.

  Somos tamén os únicos que estamos completamente comprometidos coa nosa lingua propia e que ofrece os servizos orixinariamente en galego.

  Por todo iso queremos seguir representando ao comercio coruñés co mesmo éxito que o levamos facendo ata o momento, e por iso queremos mellorar na nosa transparencia e resolver as dúbidas que os usuarios poidan acoller.


  A. Todos os comercios poden aparecer en E-distrito.com?
  - Non. Pretendemos dar a coñecer o comercio coruñés como un comercio positivo, aberto, de bo trato co cliente, atractivo... Aqueles comercios que non cumplen cuns requisitos básicos non poden afiliarse á plataforma (polo tanto non poden entrar nos nosos directorios nin se lles outorga a oportunidade de facelo; en estos casos aínda que o comercio quisexe pagar polos servizos, éstos tampouco se aceptarían). Non obstante, a maioría dos comercios da cidade non deben de ter problemas para a súa incorporación.

  B. Por que E-distrito utiliza o termo "Comercio da Coruña"?
  - A intención primordial da Plataforma é representar e promocionar ao comercio da Coruña. Deste xeito, dentro de esa acepción apostamos polos comercios que desenvolven a súa actividade na Coruña e cuxo eido de decisión está tamén na cidade. Non contactamos con grandes empresas cuxa toma de decisión está noutras demarcacións.  Queremos potenciar o propio e queremos diversificar a oferta da uniformidade dos grandes centros comerciais e grandes cadeas.
  A excepción a esta regla provén de aqueles franquiciados ou sucursais que teñen capacidade para tomar decisións por conta propia.


  C. Trátase dunha web ou app de ofertas?
  - Non. Trátase dunha plataforma de difusión comercial. Actualmente, ao igual que certas empresas e app centradas nas ofertas do comercio de proximidade do pasado e que xa pecharon, proliferan esaparates virtuais de ofertas locais que dende un prisma xeral implican a intención de entrar nunha guerra de prezos coas grandes empresas de distribución. Dende E-distrito non consideramos que o camiño a seguir polo pequeno comercio pase por reducir aínda máis os seus beneficios sacrificando prezos en ofertas con grandes descontos que non fan máis que dañar a economía do comercio das cidades. Os valores do comercio local son outros, máis importantes e con maior beneficio para todos. Queremos que o comercio gañe, non que teña que sacrificarse aínda máis reducindo prezos que de todos os xeitos nunca poderán competir coas marxes de ganancia resultantes dos pedidos a gran escala da gran empresa.
  Por iso E-distrito non basea a súa política nas ofertas senón na promoción dos comercios e dos barrios e no seu valor intrínseco. Así, contamos cunha secciòn de promoción de artigos ou servizos pero que funciona a nivel informativo e expansivo, non como un buscador de "chollos". 


  D. Por que E-distrito traballa con algunhas asociacións de comercio da cidade e non con outras?
  - Debido as súas características organizativas, non dispoñemos de servizos para asociacións cun número de asociados menor a 70, e iso reduce drásticamente a posibilidade de introducilas na plataforma . Só aquelas que superan o número mínimo son aptas para sumarse a E-distrito. Igualmente, o que máis valoramos á hora de ofrecer a unha asociación un convenio de colaboración é o compromiso palpable da mesma co comercio por encima doutro tipo de interese.  

   E. E se un comercio non reune un mínimo de calidade?
  - Para garantir a máxima calidade por parte dos comercios publicados, E-distrito resérvase o dereito de non renovación ou de rescisión unilateral da presencia na plataforma do cal se reciban queixas xustificadas, implicando a finalización da relación ou a devolución pecuniaria non consumida según a circunstancia.

  F. Examínase aos comercios para aceptalos no directorio de E-distrito?
  -  Sí. Os principais rasgos que se tentan definir no exame son por esta orde: a atención ao público, os produtos, e a imaxe xeral do establecemento. Este exame realízase sen que os comerciantes o saiban e polo tanto son independentes á súa posible inxerencia. Cando un establecemento suspende a avaliación queda vetado para entrar en E-distrito e só podería tentalo de novo (sempre a solicitude previa) despois de tres anos ou se se producise un cambio na propiedade. Cando un técnico de E-distrito detecta carencias no instante en que se procede a ofertar os seus servizos, éste cancelará a oferta de adhesión.
  A única excepción a todo o exposto atópase no caso dos comercios da zona de Distrito Mallos onde a colaboración con esta asociación de comerciantes posibilita que todos os comercios afiliados a Distrito Mallos teñan presencia directa en E-distrito polo mero feito de selo.


  Lembra que se queres contactar connosco e solventar máis dúbidas podes encher este formulario de contacto e non tardaremos en responderte:

  http://www.e-distrito.com/contacto